1. Comezando a reflexionar...

Era consciente cando estaba a comezar esta materia, do lonxe que me atopaba das novas tecnoloxías. Certo é que as empregaba no meu día a día, pero en moita menor medida do que pode esperarse e do que é habitual en persoas da miña contorna e da miña mesma idade. Quedaba moito por aprender.

Nas miñas primeiras tres entradas do blog, que reflexan os primeiros momentos e os primeiros contactos coa materia e co novo xeito de traballar que supoñía a rede Stellae, deime a oportunidade de reflexionar sobre o punto de partida no cal me atopaba con respecto ás novas tecnoloxías e sobre aquilo que me esperaba atopar nesta nova materia para mellorar esta situación.

A primeria entrada, "A miña relación coa tecnoloxía" , supón un reflexo da miña opinión sobre a situación da tecnoloxía antes de comezar a traballar coa materia. como eu mesma asinaba, considerábame,  e sigo a facelo, unha aprendiz constante da tecnoloxía. Ademais, sinalaba, igual que sigo a considerar actualmente e tal e como tratei posteriormente en diferentes entradas no blog, que a tecnoloxía e os usos que lle demos, poden ser boa ou malos, traernos beneficios ou todo o contrario, o que fai esencial a educación e o coñecemento sobre este ámbito tan empregado por tódolos cidadáns para empregala beneficiosamente. Recoñecíame, polo tanto, como unha coñecedora dunha minúscula parte das novas tecnoloxías e unha gran descoñecedoras do gran campo que conforma.

Na miña segunda entrada, "Qué obxectivos me propoño con respecto á materia de Tecnoloxía Educativa?", puiden deixar reflexado aqueles aspectos que sobre a tecnoloxía descoñecía e que desexaba coñecer, os cales se corresponderían co mencionado anteriormente.

A través da miña terceira entrada,"Cómo buscamos información na rede?", puiden describir dun xeito práctico un exemplo de cómo empregamos a tecnoloxía experiementando coas posibilidades, sen ter verdadeiramente coñecementos sólidos que nos permitirían atopar maiores beneficios, neste caso referíndome á busca de información na rede. 

Plasmaba pois, dende o primeiro momento,a miña opinión de que coñecemos unha parte moi diminuta das novas tecnoloxías, aínda que as empreguemos a cotío, e a necesidade de afondar nestes coñecementos e sabernos sempre necesitados de mais aprendizaxes para optimizar o noso uso e manexo das novas tecnoloxías.