4 Mestura: o seu sentido no campo educativo

Como boa cociñeira e espero, boa pedagoga dentro dun ano escaso, debo de saber mesturar ben as miñas armas para poder chegar a un consenso. Para iso, teño que facer alusión ás aulas do futuro na que, pouco a pouco, fóronse empregando todos e cada un dos "ingredientes" que nós empregamos dentro das aulas, que se nos mostraron posibles para a mellora da educación en xeral, saíndo en beneficio para todos os nenos e nenas.

Neste punto, teño que darlle as grazas aos meus compañeiros por aportar a súa opinión, as súas ideas, darme diferentes puntos de vista e contribuír, dunha maneira significativa, á miña "receta" e aprendizaxe tecnolóxico.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/136460/aulas-do-futuro