6 E por fin... o resultado! E a comela!

A miña tarta xa está rematada! Fixen un grande esforzo para conseguir os materiais necesarios, tiven que pescudar na rede o que nunca pensei que faría, ate lle fixemos un vídeo aos pequenos con fotos, voces en off, cartolinas...

Foi unha aventura, pero, ahora que xa enfriou e ten moi boa pinta, vou ir comendo pouco a pouco desta "tarta tecnolóxica" para empaparme de sabor, coñecementos e práctica.

Graciñas pola receita, mestres, seguirei as pautas e, para a próxima, seguro que con moita máis práctica e os trucos das cantidades aprendidos, me sae mellor.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/142584/inspiracion-tecnoloxica