Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

5. A LUZ CLARA

5. A LUZ CLARA

Como punto final a esta etapa da miña traxectoria, gustaríame facer unha reflexión conxunta a cerca da materia e do seu proceso. 

Nun primeio intre quero dar conta de que é unha materia á que se lle pode sacar moitos beneficios de cara á nosa formación. Ben é certo que nun principio as miñas ideas a cerca das tecnoloxías, como xa dixen, non eran as acertadas nin tampouco tiña coñecemento das múltiples oportunidades que nos ofrece de cara á educación, pero aquí mudei de parecer.

Coido que para comprender os conceptos impartidos durante as diferentes clases, se debe traballar de xeito autónomo e contínuo. Porén, no meu caso son consciente de que non o fixen así, e iso repercutiume nos resultados da materia.

Non podo dicir que rematase o curso sen aprender nada, pois concluín o curso sabendo moitas novas ideas e elementos.

Sen embargo, agora, que xa remata todo, e que rematei o meu traballo, creo que aprendín moito máis neste derradeiro proceso. Tiven a oportunidade de ver os meus erros e de traballar en contra deles. Dalgún xeito serviume para esforzarme máis e querer dar o mellor de min.

Creo que este mes de traballo foi unha oportunidade de mellora, e espero habelo conseguido.