2. Meténdome en materia...

2. Meténdome en materia...

Última actualización de en Nazaret Suárez Louzao

O transcurso da materia Tecnoloxía Educativa ofreceume a posibilidade de comezar a afondar neste ámbito, tan empregado como descoñecido, tal e como esperaba e sinalaba nas primeiras reflexións traballadas no apartado 1 do e-portafolios.

A continuación presento os novos coñecementos e contidos que fun adquirindo: novas mentalidades, novas ferramentas e novos escenarios e usos como profesional da educación.

Ademais, como levo sinalado, a tecnoloxías tamén trae consigo certos perigos e riscos que debemos coñecer para tentar eliminar ou reducir ao máximo, dos cales me ocupei frecuentemente durante o meu traballo no blog. Expóñoos pois, tamén, neste apartado, xunto coa condición indispensable para poder evitar: a competencia dixital ( contido e temática transversal sobre a que traballei en practicamente tódalas miñas entradas do blog, posto que a considero unha condición indispensable para poder manexar  e empregar as novas tecnoloxías e a rede de xeito óptimo e beneficioso).