Durante a materia fun coñecendo un gran número de ferramentas coas que optimizar o meu traballo na rede e coas novas tecnoloxías. Entre as numerosas traballados, tratei aquelas que me foron resultados útiles e que fun empregando.
- operadores booleanos, os cales xa coñecía pero non empregaba nas miñas buscas na rede ( traballados no arquivo “RSS, grandes descoñecidos”).
- Os códigos QR, creando os meus propios a través da páxina https://www.unitag.io/es/welcome ( gardada en marcadores), tratados a través da cuarta entrada, “Achegando as tecnoloxías aos mais cativos”.
- Os marcadores sociais e, entre eles, un xestor de marcadores para crear o noso propio “escritorio” na rede: Symbaloo. ( gardado e tratado en marcadores así coma no arquivo “RSS, grandes descoñecidos”, no cal presento o meu propio symbaloo).
- Wikipedia. Aínda que esta ferramenta por suposto que xa a coñecía e empregaba, non o facía do mesmo xeito que comecei a facelo coa materia. Deixei de ser só consumidora da información da páxina para converterme en produtora de contidos, algo que nin sequera consideraba anteriormente. A opinión e reflexión sobre o traballo nesta páxina expóñoa a través dun comentario nunha entrada dunha compañeira, Beatriz Souto.
- Infografía, un novo xeito de facer esquemas, a través da páxina http://www.easel.ly/ .Expuxen as miñas creacións a través dos arquivos “Infografía acerca das temáticas abordadas na materia” e “PLE despois da materia”.
- RSS, que permiten estar permanentemente actualizado sobre aquelas páxinas de interese ( traballados no arquivo “RSS, grandes descoñecidos”).
- e-book ou libro electrónico, traballado na quinta entrada “Día do libro, e-book”.
- Movie maker, o cal xa tiña empregado en ocasións, aínda que nunca de xeito tan elaborado. ( empregado para elaborar o vídeo que se pode visualizar no arquivo “ Storytelling e vídeo”).
- Storytelling, o cal nunca empregara para elaborar un vídeo (podese visualizar no arquivo “ Storytelling e vídeo”).