2.1.2 Novas mentalidades

O tratamento e coñecemento de novas ferramentas, antes sinaladas, provocou tamén en min un cambio de mentalidade en canto ao traballo coas novas tecnoloxías.

- mentres que antes traballaba experimentando nas novas tecnoloxías, traballando con aquilo que coñecía segundo me fixera falta i experimentadno as posibilidades que me ofrecía segundo a marcha, o descubrimento de certos ferramentas deume a oportunidade de crear un PLE, segundo o cal planificar o meu traballo coas novas tecnoloxías antes de comezar e ter unha guía de traballo, para acadar resultados mais óptimos en menos tempo. Este aspecto foi  tratado a través do arquivo “PLE despois da materia”.  

- Pasei de ser, como dixen a través do traballo na wikipedia e na rede Stellae, dunha simple consumidora de contidos a unha produtora, decatándome de que eu tamén podía aportar algo á información e coñecementos da rede, á intelixencia colectiva, en lugar de limitarme a consumir.    

- O descubrimento da situación das tecnoloxías en contextos tan afastados como pode ser Siria serviume para decatarme de que, aínda que moitas veces nos comportemos como tal, non somos o centro do mundo, senón que a tecnoloxía avanzou en tódolos lugares. Este tema trateino a través da sexta entrada,Imaxinación en tempos de guerra” , a cal provocou os comentarios de compañeiras que se mostraron de acordo con esta mentalidade.

- Á hora de integrar as novas tecnoloxías nas aulas, polos profesores, é necesario que se produza nestes, tamén, un cambio  de mentalidade, decatándose de que xa non  se poden limitar a reproducir contidos, senón que deben converterse en guías, acompañantes, motivadores... dos seus alumnos para o traballo coas TICs. Este tema queda tratado polo miúdo a través da novena entrada do blog Os profesores e as TICs”