2.2.1 Os riscos e límites das novas tecnoloxías

Este aspecto comecei a traballalo e reflexionar sobre el a través do análise da obra de Burbules e Callister, tratado a través do artigo “Riscos e promesas das novas tecnoloxías en educación, segundo Burbules e Callister”.

Traballeino logo a través de diferentes entradas, arquivos e comentarios:

-          A través da sexta entrada, “Imaxinación en tempos de guerra”, falei da necesidade de “crear Facebook”, tal e como denominaban na charla impartida. Deixar de comunicarnos tanto por redes sociais e interactuar mais cara a cara, en persoa. Este punto de vista foi compartido por diferentes compañeiras, segundo expuxeron en diferentes comentarios á entrada.

-          Un dos riscos mais patentes que presentan as novas tecnoloxías é a brecha dixital, aspecto sobre o que reflexionei a través dun comentario nunha entrada da compañeira Paula Rivas denominada Escuela 2.0”.

-          Unha entrada que destaco no referente a esta temática é a oitava, “Cando o tecnolóxico se converte nunha obsesión”. Sen dúbida, a medida que ía lendo a noticia na que está inspirando, íame sorprendendo á vez que asustando mais dos límites aos que podemos estar a chegar, empregando a tecnoloxías sen ningún tipo de criterio.    

-          A través do vídeo elaborado (o cal pode visualizarse no arquivo Storytelling e vídeo”) quixemos reflexionar, tanto eu como as miñas compañeiras, sobre a importancia de empregar correctamente as novas tecnoloxías e os riscos que trae non facelo: respectar o copyright, empregar Creative Commons, ser conscientes da importancia da Identidade Dixital e das consecuencias que nos poden traer...

De xeito transversal, fun expresando en cada unha desta entradas a importancia de educar, aprender e desenvolverse cunha compentencia dixital, para eliminar estes riscos i empregar a rede e as novas tecnoloxías de xeito positivo para cada un e para o entorno. Reflexiono tamén sobre este tema, a importancia da competencia dixital, nun comentario a unha entrada da compañeira Ángela Rodríguez Martiñá, denominada Competencias dixitais”. Esta temática foi tamén a traballada para elaborar unha entrada na Wikipedia.