3. Conclusións

A miña andaina nesta materia, Tecnoloxía Educativa, axudoume a abrir un pouco mais a fiestra para aumentar os meus coñecementos e contidos sobre as novas tecnoloxías para optimizar o máximo posible o meu traballo con elas.

Como comentei, supuxo achegarme novas ferramentas, novas mentalidades e concienciarme de novos escenarios e usos para empregalas, como profesional da educación.

Grazas ao traballado, pasei de traballar experimentando no momento coas ferramentas tecnolóxicas a ter un PLE, unha planificación e unha guía de traballo para conseguir resultados mais óptimos en menor tempo.

Ademais, destacaría o tratamento da competencia dixital como tema transversal e fundamental. É grazas a ela que poderemos descubrir novas ferramentas, empregalas do xeito mais óptimo, adoptar mentalidades axeitadas e adecuadas para facer un bo uso da rede e das demais tecnoloxías, descubrir novas aplicacións para obter maiores beneficios, eliminar ou reducir ao máximo os riscos que traen consigo as novas tecnoloxías... En definitiva, empregar a tecnoloxía con criterio e de xeito crítico.

Expoño unha reflexión, a modo de peche de materia, a través da última entrada, "Qué me levo da materia..." .

Tamén supuxo, a andaina nesta materia, unha nova metodoloxía á hora de tratar os contidos. Esta, a través dunha rede social, fixo posible coñcer puntos de vista diferentes sobre un mesmo tema, complementarme, retroalimentarme co aportado polos demais compañeiros, coñecer novos contidos acerca dun tema, aumentar a miña información... Ademais, cando as miñas produccións eran comentadas polos demais compañeiros, dábame de conta de que as miñas aportacións si que eran valiosas e aportaban algo aos meus compañeiros.