6. Conclusións

6. Conclusións

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Aprendín moito nesta materia, xa que coñecín unha diversidade de termos dos que nunca oíra falar e que me parecen moi interesantes e dos que realmente non era consciente.

Non me considero unha experta nin moitos menos, senon máis ben todo o contrario, deime de conta que teño moitas carencias no que ás novas tecnoloxías se refire, e que en moitos casos, como na busca de información, considerabame case unha experta e resultou que non era así, xa que aínda que eu non pasara da segunda ou terceira páxina de google, as miñas buscas xeraban un número moi elevado de resultados.

Descubrín que vivimos infoxicados e que recibimos demasiada información para poder procesala, descubrín que isto tamén me afecta a min mesma en maior medida do que pensaba, que vivo saturada de información e que cada vez as novas tecnoloxías nos proporcionan máis e máis información que cada día me satura máis e máis.

Aprendín a facer unha curación de contidos, cando nin sequera sabía o que o termo quería decir e a ter unha dobre mirada con toda a información que recibo, xa que cada medio, cada noticia, cada imaxe, transmite o que o seu emisor quere que transmita e carece de obxectividade.

Considero que aprendín moito e que os meus obxectivos propostos foron acadados, que as miñas expectativas quedaron máis ca cumpridas nesta segunda oportunidade que non quedou desaproveitada.

Pero isto non acaba aquí, o mundo segue xirando e os días pasando, as novas tecoloxías seguen evolucionando cada día un pouqiño máis, que faltará por descubrir?. O mundo avanza e as novas tecnoloxías con el por iso este aprendizaxe non remata aquí senon que aínda queda moito por aprender e cada día aprenderemos un pouco máis sobre as novas tecnoloxías e sobre a educación.