1. Introdución

Ao comezo deste curso atopábame algo perdida en relación cos obxectivos desta materia. Parecíame algo tan amplo que non entendía como en só tres meses poderiamos abarcar todo canto o título da materia nos ofertaba. Ao igual que o Trivial, resultou que a asignatura Tecnoloxía educativa nos achegou a temas globais sobre os que tivemos que realizar algún tipo de proba para lograr acadar os obxectivos e poder continuar o xogo, logrando o tan ansiado "quesito". Estos bloques temáticos son os seguintes:

  • Riscos e vantaxes da tecnoloxía

  • Aplicación no campo educativo

  • Contornas de aprendizaxe

  • Participación mediante a tecnoloxía

  • Creación e publicación de información

trivialprincipio.jpg

    Ao remate dos diferentes niveis, e como cume do xogo, debese realizar unha proba global do percorrido do xogo. Neste caso esa última pregunta do xogo sería equiparable ao portafolios que nos ocupa, no que se realiza unha compilación de todas estas aprendizaxes. Comeza o desafío!

1