2. Riscos e vantaxes das novas tecnoloxías

    Na primeira temática, chamada “Riscos e vantaxe da tecnoloxía”, atopámonos con cuestións relativas ás características, aptitudes e actitudes que un bó usuario debe desenvolver para facer un correcto uso da rede, así como os aspectos máis pioneiros e destacables que se nos achegan mediante ela. Pero tamén se tratan os riscos e perigos que se agochan no descoñecemento das persoas sobre as TIC e o bombardeo informativo que nos chega mediante elas. Neste nivel, trátanse tanto as aportacións de autores como reflexións críticas máis persoais.

trivial 1.jpg

Así, preguntas como “que é a hiperlectura?”, por que é necesario realizar un xuizo de credibilidade antes de compartir información?”, “como poden axudar os enlaces a enriquecer a lectura e a aprendizaxe sobre unha temática?”, “que esperas das novas tecnoloxías?”, "en que consiste a infoxicación?", "de que xeito a tecnoloxía pode axudar a cubrir necesidades creadas no sistema educativo?" ou “cal é a túa relación, ata o momento, coa tecnoloxía?” son as que deberemos responder para obter o quesito desta categoría. Tendo en conta que informarse sobre a cuestión a investigar é a máis importante do proceso, presta atención para non perder detalle de nada. Todo canto aprendas neste escalafón do xogo serache de moita utilidade para as próximas rondas.

Entradas recuperadas: 

“Educación: Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información”

Carta á tecnoloxía

A tecnoloxia educativa como medio para superar barreiras formativas