3. Aplicación no campo educativo

Nesta categoría trátase a cuestión de como as novas tecnoloxías poden ser un instrumento educativo de auténtica utilidade. Grazas a un correcto uso das mesmas, as diferenzas que nos separan poden reducirse, facilitando a comunicación entre persoas de diferentes lugares. Así mesmo, poden brindar a persoas con diferentes discapacidades ou necesidades educativas especiais a posibilidade de establecer relacións sociais con maior facilidade, facerse entender e mellorar a comprensión que eles teñen dos demais. Ademais, o resto da poboación pode tomar contacto con ferramentas mediante as que se poidan achegar a este colectivo, favorecendo tanto a aprendizaxe como a integración dos mesmos.trivial 2.gif

    “Como axudan os símbolos e pictogramas á comunicación?”, “que vantaxes ofertan os diferentes tipos de ratos adaptados?”, “existen aplicacións que faciliten a aprendizaxe?”. Este será o tipo de preguntas ao que os xogadores deberán enfrontarse na categoría de Aplicación das TIC no campo educativo.

Entradas recuperadas:

Guía TIC para TEA