4. Contornas de aprendizaxe

“Que é un PLE?”, “e un VLE?”, “que características os diferenza?”, “en que se asemellan?”. Estas son algunhas das cuestións a contestar para lograr o quesito da categoría. Do mesmo modo, deberanse relacionar conceptos como a Web 2.0, medios de búsqueda de información (Google, Yahoo), ferramentas para a súa organización (Google reader, Diigo) e plataformas mediante as que xerar, individual (Prezzi, Word, Audacity, etc.) ou colectivamente (Google Drive), e compartir información (Facebook, Youtube…).

Mediante esta categoría, ademais de obter un novo quesito, aprenderás sobre o teu PLE. Eres consiciente de cantos recursos e ferramentas manexas de cotío para xestionar, crear e compartir información? Probablemente non pero, en canto superes este nivel, tomarás conciencia da magnitude de ferramentas coas que traballamos asiduamente e que, no seu conxunto forman o teu PLE, o teu VLE e a túa infografía.

trivial3.jpg

Ambos están ahí ainda que ti non sexas consciente. Queres coñecelos? Pois non te perdas esta nova ronda de Trivial Pursuit edición Tecnoloxía Educativa!

Entrada recuperada:

PLE e VLE

O meu PLE