5. Transmedia

Algunha vez participaches nas votacións dos reality show? Enviaches mensaxes para que o teu concursante favorito non abandoase un programa de televisión? Pediches mediante a rede social oficial dun programa de radio que adicasen unha canción a alguén especial? Si algunha vez participaches nos procesos comunicativos mediante as novas tecnoloxías, esta é a túa categoría!

trivial4.jpg

Pode que o nome do conxunto temático asuste, posto que non é unha palabra que empreguemos con regularidade, pero a transmedia está moito máis presente na nosa vida diaria do que nós mesmos pensamos. "Cres que existe transmedia na política?", "que é o Escaño 130?", "coñeces exemplos de técnicas transmedia?" ou "eres usuario dalgunha delas?" son exemplos das cuestións ás que te enfrontarás si aceptas o reto da categoría Transmedia de Trivial Pursuit!

Aprenderás de que modo podemos ser partícipes de algo que, ata hai pouco tempo, era totalmente unidireccional, as innovacións que isto trae consigo e a profundidade ata a que poden chegar as novas tecnoloxías nas mans acertadas.

Entrada recuperada:

Escaño 130, técnica transmedia?