8. Proba final

Xa estás moi preto, case gañas o xogo. Só resta que fagas unha última cousa: reflexionar sobre todo o aprendido. É un proceso duro, longo, denso e cóntase con moi pouco tempo para realizalo pero, agora que está rematado, hai que decir que é productivo. A Tecnoloxía Educativa e moi ampla, demasiado para tratalo nun xogo de mesa e, por suposto, demasiado como para estudala en soamente tres meses. A pesares disto, o traballo deu os seus froitos, aprendeuse moito máis do que contaba, precisamente grazas ao traballo colaborativo e ás discusións en grupo (xa fora na clase ou en pettit comité posteriores). 

O percorrido por tódalas categorías permiten que se resolva a última gran cuestión do taboleiro, este portafolios. Nel recóllense tódalas aprendizaxes, dun modo moi xenérico, das aprendizaxes que adquirín durante este semestre. Ao igual que no Trivial Pursuit, isto implica que, de facerme unha pregunta sobre algunha das categorías anteriores, poida gañar a partida contra os meus opoñentes e, ademáis, poida concienciarme da importancia de reflexionar de xeito crítico sobre a nosa contorna, sobre as cousas máis "absurdas" que nos rodean. E con absurdas refírome a cotiás. Todo canto nos rodea pode ser de grandísima utilidade se se lle da o enfoque que precisa e iso, a grosso modo, é o que me aportou esta asignatura.

trivialfin.jpg

Todo canto se tratou ao longo do semestre eran ferramentas, recursos e medios que xa estaban ahí pero aos que non lles sabía exprimir o zume. Xa por iso, independentemente do resultado final, xa me considero gañadora.

Grazas a todo aquel que me permitiu ver as cousas dende outra perspectiva e, por suposto, a todo aquel que haxa lido o meu proceso. Un saúdo e ata unha nova versión do Trivial Pursuit edición Tecnoloxía Educativa.