2. Cal é o mundo do que partimos.

2. Cal é o mundo do que partimos.

Última actualización de en Ana Sofía Pires Ribeiro

Xa dende a primeira sesión na aula, me atopei profundamente perdida a hora de tratar definir e coñecer con claridade o termo. Non so me atopaba profundamente perdida co termo, senón co xeito de afrontar dun xeito satisfactorio o recorrido da materia, xa que nunca traballara con antelación esta metodoloxía.

Na primeira sesión, tratamos de definir entre todos cal era o verdadeiro significado do termo, partindo da idea case todos que era un mero instrumento que nos proporcionaba diferentes facilidades, sen chegar a ver máis alá. Todas estas dificultades co termo vénse recollidas na carta dirixida a tecnoloxía, na que recollín cales foran as miñas experiencias e as ideas das que partía.