1º Rasgo: O coñecemento aberto

1º Rasgo: O coñecemento aberto

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

Un tema que me fixo reflexionar dende a súa exposición durante unha das clases foi este: O coñecemento aberto. Xa vos dixera que todo o que fixera naquel "antes" non fora en balde, de feito unha das anteriores entradas fora dedicada a este tema, pero só tomando como referencia o libro de "La isla de los 5 faros". Agora intentei profundizar no mesmo tendo en conta as aportacións de distintos autores e dando a miña opinión acerca do tema. 

Penso que se trata dun tema relevante xa que se atopa nas nosas vidas diariamente dun xeito ou do outro. Un dos exemplos que xa temos posto era se como estudantes deixabamos os nosos apuntes, esquemas, resumos, actividades, prácticas... e case sempre se mostraban respostas do mesmo tipo, indicando que as actitudes ante isto eran todas bastante negativas. A pesar disto, témonos que decatar que de xeito cotiá e cada vez máis recurrimos a coñecementos e información doutras persoas que o establecen como "coñecemento aberto" e polo tanto tamén teñen un "acceso aberto". Ademais...que faríamos nós sen os chamados "recursos educativos abertos"? Seguramente a nosa labor como pedagogos así como as nosas actuacións se verían influenciadas, provocando así a creación propia de recursos e polo tanto tamén unha espera de tempo maior para os axentes aos que vai dirixido.

Como todo, o coñecemento aberto tamén pode ter aspectos negativos, como o é a INFOXICACIÓN. Ante isto, debemos manternos alerta e nunca deixarnos vencer ante tales cantidades de información, como ben mencionaba unha compañeira nunha das súas entradas, podemos ter en conta a curación de contidos para evitar así estar infoxicados.