2º Rasgo: A alfabetización mediática

O tema das Alfabetizacións múltiples foi tratado durante as clases expositivas. Dentro deste aspecto falouse de Educar a mirada, o cal menciono xa que naquel "antes" do que vos falaba elaborei unha entrada que non ten nada que ver coa que vos vou falar agora, nin en contido nin, por suposto, en forma.

Neste caso, centreime na Alfabetización Mediática. E diredes vós, por que nesa e non na dixital? Á verdade é que vos podo dar unha resposta sinxela: no momento de elaborar o vídeo, o meu grupo e eu decantámonos por "A competencia mediática en nenos", a pesar dos erros cometidos, dos rompedoiros de cabeza, dos momentos de impaciencia..., valeu a pena porque o resultado nos proporciounou satisfacción, pero á súa vez tamén información. Como o vídeo iba dirixido a nenos, evidentemente fixémolo apropiado a eles. Entón, decidín indagar máis información sobre o tema xa que, a verdade, me resultou de gran interese.

Nesta entrada abordei unha serie de premisas necesarias na actualidade de cara a alfabetización mediática; fixen referencia á mesma dende a perspectiva mediante a cal pode ofrecer un acceso equitativo ao coñecemento (tendo en conta así o coñecemento aberto e en parte tamén a brecha dixital); falei do que se considera unha persoa alfabetizada mediaticamente; valorei o termo dende o meu punto de vista, etc. En definita, aprendín moito máis do que sabía; tiña escoitado moitas veces que é importante concienciar aos nenos sobre o correcto ou axeitado uso dos medios, pero a verdade que nunca pensei que un termo que forma parte doutro (Alfabetizacións Múltiples) puidese dar tanto de sí.