4º Rasgo: Na era dixital, o Conectivismo

Ao igual que coa Narrativa Transmedia, non coñecía o Conectivismo. Despois de buscar información sobre el e elaborar a entrada, pódovos dicir que non me decepcionou en absoluto. Penso que para evitar seguir mantendo un papel tradicional nas escolas, o Conectivismo é o que se presenta de mellor xeito para a era dixital na que vivimos. É o tempo de que os alumnos non se manteñan pasivos nos procesos de ensino - aprendizaxe, senón que totalmente ao contrario, debemos evitalo e conseguir así alumnos activos.

Con todo, esta nova teoría da aprendizaxe presenta obxectivos, metas ou retos educativos: pasar de ser consumidores a produtores, debemos conectarnos con fontes que respondan a algo que descoñecemos, desenvolver competencias tecnolóxicas no uso das TIC para garantir así o desenvolvemento persoal e colectivo. E non credes que, esta materia tamén ten uns obxectivos similares? Dende o meu punto de vista si, polo que xa podo dicir que pola miña parte ten moito máis valor do que o tiña naquelas primeiras impresións.