5º Rasgo: Nativos Dixitais e Inmigrantes Dixitais

A Brecha dixital, é un deses rasgos que nos gustaría que desaparecese da Tecnoloxía. Como futuros profesionais penso que temos un gran papel neste senso, para así poder disminuír este problema na medida do posible.

Cando rematei de elaborar a miña entrada sobre o Conectivismo, pensei que as miñas entradas darían por finalizadas, pero non foi así xa que considerei que este termo non se me podería escapar. Fixeno dun xeito máis concreto que as outras entradas e abordeino dende o punto de vista de Nativos Dixitais e Inmigrantes Dixitais. Penso que a existencia desta diferenza provoca desigualdades ante o xeito de usar as novas tecnoloxías; evidentemente non estou a falar das desigualdades que provoca a Brecha Dixital como a que nos presentaba Nusa, desagradable e provocadora de impresións de disgusto cando menos. Este xeito de abordar a brecha mediante os nativos e inmigrantes dixitais establece unha serie de diferenzas ante o uso das novas tecnoloxías, os nativos poida que as teñan máis contraladas e os inmigrantes intentan facelo a través de constante e duro traballo. 

Como indiquei na entrada, penso que non se trata de que os docentes sexan incompetentes no seu traballo por non facer uso das TIC, aínda que si que resulta preciso a súa formación neste nivel e actualización. Nin penso, por outra banda, que os alumnos se vexan beneficiados en canto ao uso das TIC por nacer na era dixital.

Ademais, despois de realizar esta entrada o único que penso é: Nativa dixital eu? Nin de broma.