2. Introdución

INTRODUCIÓN

Nunha das sesións expositivas aconsellousenos ver varios filmes de grande interese respecto a materia Tecnoloxía Educativa entre os que me chamou a atención Desconectados, de Leslie Libman (2012).
Despois de vela tiven claro cal sería o fío conductor do meu e-portafolios. É unha película que fala de diferentes personaxes e da súa relación coas tecnoloxías o que fai que estén un pouco desapegados do mundo que os rodea: familia, parella, amizades, relacións, etc chegando a situacións de obsesión e perigosidade. Por iso o título da mesma e: Desconectados, xa que todos e todas os protagonistas están absortos no mundo dixital pero desconectados entre sí.
Ao longo do meu traballo quero falar da relación que atopei entre as situacións que viven os diferentes personaxes da película en relación co que vimos nas clases de Tecnoloxía Educativa, facendo fincapé nas causas dos problemas que aparecen e como se poderían evitar dende unha Educación dende e para as TICS.
disconnect