3. Conectados ou desconectados?

Na película seguimos a vida de diferentes familias:

Unha parella que perdeu ao seu bebé e que levaron a súa frustración por separado: O home aposta en xogos online mentres a muller busca a complicidade dun compañeiro virtual. Ambos rematan por ser víctimas dunha estafa na rede e comezarán a recuperar a súa relación ao desconectarse e traballar xuntos para averiguar quen é o ladrón. Para conseguilo contratan a maiores os servizos dun detective.
O detective vive só con seu fillo, co que paga os fracasos da súa vida dun xeito autoritario e frío. Debido ao tempo que lle adica ao seu traballo valéndose das tecnoloxías nonse decata de que seu fillo está a facelle cyber-acoso a un rapaz da súa clase.
Ese rapaz cree estar falando polo chat cunha rapaza que amosa interese por el, sen embargo en realidade é o rapaz anterior o que se está a facer pasar por unha rapaza para meterse con el. Os pais non son conscientes da situación, non coñecen ben ao fillo e a súa irmá está máis preocupada polas súas propias relacións sociais que pola soidade de seu irmán.
Por outra banda atopámonos cunha periodista recoñecida que busca triunfar na TV grazas a un documental sobre a vida dun rapaz que se adica ao cibersexo. Traballa dentro dunha mafia que recluta menores para gañar cartos dese xeito onde se sinte cómodo ate que a xornalista comeza a entrometerse para sacarlle partido á situación.

Volvemos a cuestión de sempre, se as Tecnoloxías son perxudiciais ou beneficiosas: