3.1. Real ou virtual?

3.1. Real ou virtual?

Última actualización de en Brétema Parras Vázquez

 Real ou virtual?

Falamos só de ferramentas cando nos referímos á tecnoloxía? Si poden empregarse como utensilio facilitador na realización dalgunha tarefa mais non son só ferramentas. Son  tamén entorno e espazo (ciberespazo que podería semellarse á ágora da Antiga Grecia). Como vimos a través do traballo de Burbules e Callister podemos considerar á tecnoloxía un territorio potencial de colaboración ou un lugar onde poden desenvolverse actividades de ensinanza-aprendizaxe, nin mellores nin peores que outros espazos sociais. Nesta ágora atopaba consuelo a nai do bebé falecido, na búsqueda dun compañeiro co que compartir experiencias e co que desafogarse sen ter en consideración a verdadeira identidade da persoa que está detrás da pantalla.
A concepción instrumental da Tecnoloxía é equivoca xa que non estamos a falar só dun instrumento para alcanzar propósitos. Si poden ter certos usos e finalidades establecidos (usámolas e nos usan) e xeran e adquiren novos usos pero inflúen sobre valores e a cultura o que son efectos imprevisibles. Por todo isto dicimos que a relación das persoas coa Tecnoloxía é bilateral (relacional) xa que o uso que lle damos está relacionado cun cúmulo doutras prácticas e procesos socialmente cambiantes.

disconnect