3.2. Deshumanizan as Tecnoloxías?

Deshumanizan? As cousas non xeran actividade por sí mesmas, todo depende do uso que lles demos.

Como reflexa perfectamente o filme Desconectados a xente que ao comezo vive sumerxida no mundo da tecnoloxía non é consciente de ata que punto en realidade están desconectados do seu entorno familiar, de parella ou de iguais. Algúns como medio de ocio, outros para conseguir relacións sociais ou como fonte de ingresos de mellor ou peor reputación (a recoñecida xornalista  vs. O rapaz que fai cybersexo a través da cam).

Chegan a correr riscos por mor de actitudes perigosas  movidos quizais por inquedanzas, desexos ou vicio.. pero en moito dos casos de xeito temerario ao carecer dunha alfabetización dixital previa. Cando comezan a buscar solución ou a aprender dos erros é porque un pai non fai caso dos fillos, un deles intentou quitarse a vida humillado pola mofa dos seus compañeiros do instituto, outra porque traicionou a confianza dun rapaz por avaricia sen atender á súa integridade física, outro porque lle roubaron, porque a engañaron, porque unha broma rematou por converterse nun caso de acoso escolar, etc.

disconnect