3.3. Bó ou malo?

Bo ou malo?

Quizais estemos ante unha formulación errónea.

A veces é o cambio o que nos leva a empregar novos instrumentos pero é ese uso que lles damos o que resultará positivo ou negativo sobre as nosas vidas así como co noso entorno. En relación á capacidade de transformación da relación da tecnoloxía cos usuarios ou cultura para ben ou para mal o mundo está cambiando e con eles nós e a tecnoloxía, todo de xeito interrelacionado facendo sumamente complicado averiguar qué modifica a que. Educar nas novas tecnoloxías é imprescindible para afrontar a realidade, o beneficio que podemos extraer do seu uso e coñecer os seus perigos para non cometer erros que nos poden custarnos moi caro.
disconnect

No caso do rapaz que é victima do cyber-acoso por exemplo debería coñecer os perigos de expor a súa intimidade como parte da súa identidade dixital, do mesmo xeito que debería sospeitar dunha rapaza que non coñece persoalmente ate o punto de mandarlle fotos comprometidas. Para evitar isto a Educación xoga un papel imprescindible así como levar a cabo programas de concienciación sobre o bullying ou o cyber-acoso, para evitar que os rapaces que se meten coa víctima sexan conscientes ao 100% do que implica un comportamento semellante, que consecuencias pode acarrexar e como pode sentirse a outra persoa nun exercicio de empatía.