3.4. Alfabetizacións Múltiples

Alfabetizacións múltiples

En relación co punto anterior, se as tecnoloxías son boas ou malas cómpre dicir que as sociedades van evolucionando e a nosa está cada vez máis condicionada pola tecnoloxía, feito que interfire globalmente nas nosas vidas e pon en evidencia a necesidade de actualizar a Educación. Os nosos sistemas educativos deben avanzar ao mesmo ritmo que a nosa sociedade debendo propiciar, de forma interxeracional, o coñecemento, o bo uso e disfrute da tecnoloxía para que non lle asignemos connotacións negativas.

O concepto de “alfabetización múltiple” engloba as competencias lectoescritoras para a comprensión, emprego e avaliación da variade de formas que presenta a información nos nosos días (textos escritos ou electrónicos, imaxes, vídeos, …). A vertente práctica do concepto busca a unión entre as competencias dixital, lingüística e mediática co fin de crear un currículo básico tanto para o profesorado como para o alumnado.
Sería interesante que o home da parella que perdeu o bebé houbese sido consciente das súas carencias respecto da alfabetización múltiple ao non decatarse de que se estaba a meter en páxinas perigosas de apostas onde podía ser víctima dun hacker.

 

disconnect