3.5. Identidade dos personaxes

Identidade dixital

            O concepto de “identidade” fai referencia ó conxunto de características que definen a un individuo. Co avance cultural, social e tecnolóxico, o termo foi evolucionando e hoxe en día fálase tamén de “identidade dixital”, facendo referencia a exposición das nosas caracterísitcas nun entorno dixital.

            O medio que facilita a transición da identidade cara a identidade dixital é  Internet, a través das redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter, Tumblr, etc.), correo electrónico (Gmail, Outlook, Yahoo, etc.), blogs (Blogger, Wordpress, etc.), redes de emprego (linkedin, xing, etc.).

            A identidade e a identidade dixital poden coincidir ou non, é dicir, na rede podemos amosar ou ocultar caracterísitcas según conveña (motivado normalmente polo tipo de web á que acedamos). A vida ten hoxe en día unha amplitude maior e xa non so discorre nun ámbito físico, como dicíamos o lugar e o tempo son conceptos que se perden na rede e, entre outras, a nosa identidade de xeito distorsionado, enganado, mellorado ou denigrado.
Este aspecto apreciase ao longo de todo o filme coa maioría de personaxes:

A falsa identidade que ten o acosador grazas á cal nalgún momento expresa os seus sentimentos reais respecto a relación con seu pai.

O grave problema que lle supuxo á vítima amosar unha foto comprometida aos seus acosadores, e por ende, a todo o instituto.

Os datos que deu en exceso a nai do bebé falecido no foro a un descoñecido que tamén enganou á muller sobre a súa idade.

O rapaz que se adica ao cyber-sexo sen atender a posibles consecuencias futuras: emprego, relacións, estudos..

etc.