5. Fin do filme e conclusións

Fin do filme e conclusións

Como fun sinalando ao longo deste análise comparativo entre o filme e a asignatura de Tecnoloxía Educativa, aos personaxes preséntanselles problemas froito de carencias educacionais evidentes respecto das TIC, por iso elexín os puntos tratados na materia acerca da Identidade dixital, alfabetización, Formación, Política e Educación, etc. Parecéronme os aspectos máis significativos e relevantes a ter en conta á hora de iniciar o proceso cara o entendemento e manexo das tecnoloxías. Sen estes aspectos claros dificilmente poderánse empregar as TIC con responsabilidade e sen perigos.

Por outra banda sinalar que a película Desconectados presenta unha perspectiva certamente catastrofista sobre o mundo dixital no que nos manexamos, incluso invita a "desconectarnos" para poder solucionar os problemas que teñamos. Non obstante, valorando a situación dende unha perspectiva pedagóxica e afrontando unha realidade contra a que dificilmente se pode loitar, como Quijote contra os muíños, é preferible falarmos de prevención grazas á Educación que de ollos vendados ou tolemia.

Disconnect Nube de Tags