4.2. As TIC na aula: Os profesionais da Educación

As TIC na aula: Os profesionais da Educación

Os docentes empregan as TIC tanto no ámbito persoal como profesional á hora de preparar as súas clases, non obstante non as teñen en consideración, en moitas ocasións, dentro da aula como un medio de aprendizaxe diferente ao tradicional xa que de nada serve que empreguemos recursos innovadores se non innovamos ao empregarmos os recursos dos que dispoñemos de xeito tradicional (clases expositivas onde non se fomenta nin o pensamento transversal, nin a imaxinación, o traballo en equipo, o espírito crítico, etc). As dificultades poderíamos atopalas na carencia de coñecementos sobre o emprego das TIC así como de modelos teóricos e metodoloxías o que ocasiona que a pesares de ser recursos moi útiles que posibilitan dinámicas amenas de aprendizaxe, non deixan de ser unha ferramenta máis, sempre dependerá de como se empreguen e dos coñecementos que se precisan para empregalas pedagóxicamente.

Nalgunhas comunidades fixeronse grandes esforzos por levar as TIC ás aulas pero, como comentaba no anterior blog sobre as políticas educativas, moitos se cinguiron a incorporar ordenadores ás aulas sen considerar a relevancia que ten para a sociedade a educación dende e para as TIC. Actualmente o profesorado atópase con todo tipo de materiais tecnolóxicos de apoio aos ciclos educativos, dende infantil, Primaria, a ESO, a Formación Profesional, a educación para persoas adultas ou para alumnado con necesidades específicas.

A tecnoloxía ofrece posibilidades de aprendizaxe fóra do espazo e do tempo presencial, a través de chats, foros, redes, e materiais TIC que dependendo de como se empreguen poden potenciar o traballo colaborativo brindando tamén novas posibilidades de expresión e presentación tanto para o alumnado como para o profesorado.


Con todo isto pódese extraer a idea fundamental do imprescindible que é a Formación permanente ou a Formación do profesorado, para que exista unha innovación e unha posta a punto ou actualización reais, non meramente estéticas.
Se os profesores, orientadores, psicopedagogos ou pedagogos do centro educativo dos rapaces que estan a  ser partícipes no caso de cyber-acoso houbesen tomado medidas preventivas, quizais houbesen meditado se levar a cabo a broma ou non. Tamén a través da escola de pais e nais é sumamente importante que sexan conscientes e partícipes activos na resolución de problemas que se lles presenten aos alumnos, polo que a formación debe saír da escola e impregnar o contexto socio-cultural que o rodea.


Son fundamentais, como dicía, o deseño e Implementación de Plans e Programas de Formación acerca de temas tan dolorosos e actuais como os que apreciamos no filme.

disconnect