1.3 Beneficios de internet na adolescencia

 Segundo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte algúns dos benefu¡icios do uso de Internet para os adolescentes son os seguintes:

  • Facilita o seu proceso de socialización a través do uso de servizos como son os chats, xogos en rede, participación en certas redes sociais, etcétera. Desta forma o menor séntese integrado nun grupo co que se comunica e comparte inquietudes e afeccións.

 

  • Facilita o seu acceso á ciencia, cultura e ocio favorecendo e completando así a súa educación fóra do ámbito da escola.

 

  • Facilita a realización de tarefas escolares e traballos persoais potenciando a súa capacidade de busca, análise e toma de decisións de forma individual.

 

  • Facilita a realización de tarefas escolares en grupo poñendo á súa disposición ferramentas colaboradoras o­n line.

 

  • Facilita o proceso de aprendizaxe a alumnos que padecen enfermidades de longa duración e que ten que permanecer lonxe das aulas durante longos períodos de tempo.

 

  • Facilita o seguimento por parte dos pais do proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos. O labor titorial benefíciase xa que a comunicación pais-titor é mais rápida e eficaz.

 

  • Mellora os resultados académicos, segundo mostran estatísticas realizadas sobre estes temas.

 

Para maís información adxunto o enlace da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

Sobre esta temática elaborei unha entrada sobre os beneficios das TIC na adolescencia que se pode ver a continuación:

Como reflexión quero ter en conta que aínda que os danos do mal uso da rede sexan moi alto sos beneficios dun bo uso son moito mellores.

A nivel educativo as TIC son un progreso, vivimos nunha era da tecnoloxía onde ata na propia ensinanza se forma nas TIC  e coas TIC, se emprega o correo electrónico, se emprega a rede como fonte de información, o centro ten unha función de promoción na web así como propias páxinas para traballar na aula, etc Sempre que se controle aos usuarios desta franxa de idade e se manteñan informados de cómo empregar ben as tecnoloxías e sacar un máximo rendemento delas os beneficios son moi altos.