1.1 Introdución

 

O meu novo proceso pola materia de Tecnoloxía Educativa basouse na franxa de idade da adolescencia xa que me parecía un tema de interese no que podía informarme e profundizar na información que atopara.

Na actualidade están á orde do día as novas nos diferentes medios de comunicación dos riscos de Internet e cómo estes afecctan aos adolescentes. A continuación adxunto uns enlace onde o acoso por Internet é palpable e onde se relatan casos reais:

Por outro lado ocorren fenómenos tecnolóxicos que apercen como modas como é o caso do Sexting  que sen un bo uso trae consigo acoso, extorsións e acaben en finais tráxicos como se pode observar nas novas que nos chegan todos os días ou nos diferentes blogs que aparecen na rede Sobre esta temáticas fixen unha entrada que me parece interesante que sexa lida porquese levou a cabo un pequeno debate xa que é un fenómeno novo do cal apenas estamos informados. Pódedes acceder a esta entrada no seguinte enlace:

Tendo en conta o xa exposto o meu obxectivo con este portafolios é o de profundizar nas vantaxes e desvantaxes das TIC na adolescencia facendo fincapé na necesidade de formación de adolescentes, familias e profesionais da educación e na necesidade de investigación para que se atope unha forma de educar nas TIC de forma segura para esta franxa de poboación.