b) Visitas guiadas e obrigatorias

b) Visitas guiadas e obrigatorias

Última actualización de en Nuria Parada

 

Cantas veces non tedes viaxado a algún lugar e hai visitas obrigadas? A Torre Eiffel de París, o Coliseo romano, o Big Ben londinense ou mesmo a Catedral de Santiago de Compostela.

Pois nesta aventura tamén houbo moitas visitas obrigadas e ademais con guía. Paréceme importante situalas ao comezo do meu portafolios xa que considero que constitúen unha parte esencial para unha óptima comprensión desta viaxe pola Tecnoloxía Educativa. Refírome a elas como guiadas xa que se nos propuxo a maneira na cal realizalas. A continuación deixo reflexadas algunhas delas:

 

  • 1ª actividade: Guía de lectura, Educación: riesgos y promesas de las nuevas tecnologías. (http://stellae.usc.es/red/file/view/135402/comentario-sobre-o-libro-educacion-riesgos-y-promesas-de-las-nuevas-tecnologias). A primeria das excursións propostas facía referenica a dous dos capítulos que forman a obra: “Educación: riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información” Nicholas C. Burbules e Thomas A. Callister. A súa lectura, na miña opinión, aportounos unha serie de conceptos teóricos moi importantes para a comprensión da Tecnoloxía Educativa como poden ser: as diversas posicións que se poden adoptar respecto das novas tecnoloxías, a hiperlectura, a búsqueda de información fiable... Ademais, non só, comprendemos estes conceptos senón que formamos a nosa propia opinión respecto deles.

 

  • 2ª actividade: PLE (http://stellae.usc.es/red/file/view/136439/o-meu-ple-entorno-persoal-de-aprendizaxepdf. A segunda das visitas atopouse encamiñada á creación e representación da nosa entorna persoal de aprendizaxe, sexa esta entendida esta como un conxunto de ferramentas, actividades e fontes de información que cada persoa utiliza de forma habitual para aprender. Non foi unha tarefa doada, xa que me parei a pensar e decateime das poucas ferramentas e actividades que empregaba no meu día a día que me permitiran compartir e reflexionar con outros coñecementos.

 

  • 3ª Creación dun vídeo. A terceira ten que ver coa a nosa propia creación e produción dunha narrativa dixital, esta foi elaborada por grupos. Sen lugar a dúbidas esta foi a actividade que máis me gustou xa que nos permitiu desenvolver a nosa creatividade ao máximo e tamén saíase un pouco do convencional, daquelas visitas máis teóricas. A nosa ferramenta de traballo foi o noso teléfono móbil ou ben unha cámara, ca cal tiñamos que recoller nun tempo de máximo 5 minutos, o tema que nos tocara. No caso do meu grupo, escollemos a “Competencia informacional nos alumnos de 1º ano de Universidade”. Descubrimos mediante esta actividade a cantidade de maneiras que existen de transmitir e o pechados que nos atopamos ás veces cara estas formas tan novedosas, que usadas correctamente poden chegar a transmitir moito máis que a palabra escrita. Ademais o tema escollido dábanos moitas posibilidades xa que puidemos facer un vídeo no que mostramos as consecuencias de carecer desta competencia, o cal lle carrexou ao seu protagonista suspender a materia de Tecnoloxía Educativa. Aínda que compre comentar que aínda que me gustou moito, nos resultou complicado editar o vídeo xa que nos atopamos con cantidade de ferramentas novas que non sabíamos utilizar pero pouco a pouco e con paciencia logramos facelo.