d) Paseos despreocupados para redescrubir a Tecnoloxía Educativa

Non hai nada mellor que deixarse levar e moitas veces camiñar sen rumbo e perderse por lugares con encanto. Un estudo da Universidade de Stanford, Give Your Ideas Some Legs: The Positive Effect of Walking on Creative Thinking ratifica o que xa Diógenes de Sínope dixo un día: “Solvitu ambulando”, que ven a significar resólvese camiñando.

Este estudo dinos que camiñar de maneira despreocupada aumenta a inspiración creativa. Entendamos no noso caso que estes paseos poden facerse camiñando ou sinxelamente deixándose levar a través da rede onde moitas veces podemos atoparnos certas cousas de interese e relacionadas co lugar ao que que nos levou esta viaxe, a Tecnoloxía Educativa.

A min, os meus diversos paseos, fixeron descubrir cousas tales como:

  • Khan Academy (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144109/khan-academy) Iniciativa revolucionaria dos vídeos educativos na rede. Trátase de vídeos tutoriais nos que se explican contidos de diversas materias. A verdade é que me parece unha iniciativa moi útil e teño que dicir que xa non é a primeira que recurro a ela, non precisamente a vídeos nos que me expliquen contidos de materias pero sí a moitos outros como de cociña e manualidades que aínda que non son exactamente isto, o transfondo é o mesmo, explicar a través dun vídeo tutorial. Un exemplo que compartín co resto de viaxeiros foi: 
  • Redes sociales, creando persoas “antisociales” (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144135/redes-sociales-creando-persoas-antisociales. Navegando pola rede atopeime un estudo que dicía que todas aquelas persoas que continuamente publican nas súas redes sociais teñen unha baixa autoestima e isto a verdade veu a corrobar o que eu xa sospeitaba, publican os seus sentimentos para obter o beneplácito dos demais. Por iso considero que se debe facer un uso correcto e responsable destas redes, xa que poden servir para manternos en contacto pero creo que actualmente serven para controlarnos e ademais nos fan ser “escravos” delas. Para propiciar a reflexión do resto dos viaxeiros compartín con eles un vídeo que reflicte moi ben o anteriormente dito:
  • Emocionémos! (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144216/emocionemonos). Unha noticia compartida nos muros dun dos meus amigos de Facebook fíxome saltar de alegría, esta foi que a neurociencia demostrou que un elemento esencial do aprendizaxe é a emoción. Por iso reflexionei sobre este tema e voltei a reafirmarme na postura que adoptei dende que comecei a estudar Pedagoxía, debemos dicirlle un adeus definitivo ao modelo tradicional da clase teórica. Aprender é algo máis que memorizar e repetir.
  • “Caralibro” (http://stellae.usc.es/red/videos/view/144218/caralibro)  foi a palabra escollida para resumir o contido dun monólogo de Leo Harlem que atopei en Youtube, no que fai unha crítica humorística cara os usos que a sociedade de hoxe en día fai das novas tecnoloxías.