e) A viaxe está a piques de rematar pero o caderno aínda non se pechou

Para concluír o meu caderno de viaxe, teño que dicir que resultou ser unha viaxe intensa e moi interesante aínda que nun principio non tivera moitas ganas de emprendela. Tratei de facer deste caderno unha ferramenta persoal, na que se puidera ver reflexado todo o meu proceso.

A Tecnoloxía Educativa comezou sendo un pesadelo para min pero ao final resultou ser unha materia moi novedosa cunha proposta de ensinanza diferente a que estamos acostumados e aínda que iso me trastocou nun primeiro momento acabou sendo do meu agrado.

Poño no título que este caderno aínda non se pechou xa que, me queda un longo camiño por emprender, no que seguir adquirindo novos conceptos e ampliar os meus coñecementos a través do aprendizaxe ao longo da vida.

Respecto da miña autoavaliación sobre o meu proceso de aprendizaxe nesta materia teño que dicir que aínda que durante o cuadrimestres non souben adaptarme nin ao desenvolvemento das clases nin a rede social Stellae, nestes dous últimos meses tratei de facelo o mellor que puiden sendo case diaria as miñas aportacións, interaccións, tweets...na mesma.

Cada entrada realizada supón un tarefa de búsqueda, elaboración e reflexión persoal que ocupa gran parte do noso tempo. Teño que dicir que o Stellae se converteu nunha parte do meu entorno persoal de aprendizaxe, ademais que mediante el realizamos unha autoavaliación desenvolvendo a reflexión e a capacidade crítica de cada un.

Comentar tamén que comecei cunha actitude de rexeitamento total cara ás TIC, e agora cando esta aventura está a piques de rematar véxome na obriga de dicir que aprendín e adquirín novos conceptos e contidos en relación ás TIC e, sobre todo, a influencia destas na nosa vida diaria.

Tamén considero que se aumentaron os meus coñecementos sobre o manexo e habilidades tecnolóxicas.

En definitiva dicir que foi unha materia enriquecedora que nos axudou sobre todo a comprender e coñecer o papel que xogan as tecnoloxías no ámbito educativo.