Confección tecnolóxica dun vestido

Confección tecnolóxica dun vestido

Última actualización de en Lara Bello Rey

Bueno compañeir@s, chegamos ao fin da nosa andadura na tecnoloxía educativa despois de dous largos meses. A través deste portafolios dispóñome a dar paso a unha recompilación de todo o que foi o meu proceso de aprendizaxe na tecnoloxía educativa.

Quería comparar a evolución do meu proceso de aprendizaxe con outro proceso e despois de moito pensar, decidinme por comparalo co proceso de confección dun vestido. Nun primeiro momento pensara en comparalo coa construción dun edificio ou unha torre ou co crecemento dunha árbore, pero como ámbolos dous xa os fixeran compañeiros meus, decanteime finalmente por este, xa que me identifica bastante.

O mue proceso de aprendizaxe ao igual que calquera outro proceso, segue unhas fases de desenvolvemento; estas fases en relación a confección dun vestido van ser: 1. Idea e deseño: xa que primeiramente antes de elaborar nada temos que ter unha idea previa do que queremos facer, para posteriormente elaborar o deseño. 2. Patrón, selección, corte e confección: unha vez temos o deseño do que queremos conseguir, hai que guiarse por un patrón para elaboralo; elixindo posteriormente as telas (temas a traballar) e recortándoas según as medidas. Unha vez teñamos feito todo o anterior, queda o máis importante, a confección do vestido, axustando este a persoa que o vai levar. 3. Proba e axustes: cando xa o vestido ten forma toca facer  unha proba de vestiario, para ver se se axusta a persoa e retocar aqueles aspectos que o necesiten, para axustalo o máximo posible ao que se esta pedindo. 4. Finalización – listo para levar: por último tras a proba de vestiario e retocar aqueles aspectos que o precisaban, só queda acabar de confeccionar o vestido e entregarllo a persoa. 

Tras esta breve explicación de como vou relacionar o meu proceso de aprendizaxe coa confección dun vestido, dou paso ao que sería o meu portafolios. Espero que vos guste.