2. Patrón, selección, corte e confección

2. Patrón, selección, corte e confección

Última actualización de en Lara Bello Rey

Agora xa co deseño trazado do que queremos confeccionar, podemos proseguir cos vindeiros pasos:  facer o patrón (forma na que imos estruturar os contidos a tratar), escoller a tela (temas a tratar), cortar as telas en función do patrón (axustar os temas e contidos a todo aquilo visto nas clases) e poñernos coa elaboración, en si, do vestido.

Unha vez que as nosas ideas do que iba a tratar dita sinatura se foron aclarando e o noso concepto de tecnoloxía se foi modificando e ampliando, ao igual, que se foron asentado as bases do que é e de que trata tanto a tecnoloxía educativa como as TIC; é hora profundizar máis nestes puntos e ir desenvolvendo un patrón para  tocar, analizar e explicar unha serie de temas e conceptos incluídos nos mesmos.

Algúns dos temas que foron surxindo ao longo das vindeiras clases e que nos axudaron a seleccionar as telas (contidos) e a cortalas en función do noso patrón; para posteriormente confeccionalos, foron:  

  • Novas formas de comunicación: como podemos ver a través da entrada 7. Novas formas de comunicación, nos último anos a forma de comunicarnos deu un cambio radical, surxindo unha gran cantidade de novas formas de comunicación; a través tanto de novos aparellos, como de novas aplicacións, redes sociais, etc.; pero realmente a sociedade non esta preparada para facer fronte a estas innovacións. Na maioría dos casos, non se deu unha educación previa de como empregalas dun xeito eficaz, levándose a cabo un uso inapropiado das mesmas. Polo que fai falta unha alfabetización dixital en todos os ámbitos e dende idades temperas para evitar posibles riscos e asegurar un uso adecuado e eficaz destas innovacións.
  • A dependencia da innovación tecnolóxica: como ben reflexo nas entradas 8. Que esta a pasar? E 9. A revolución da telefonía móbil; as melloras e innovación que a tecnoloxía trae as nosas vidas, xeran na mesma unha dependencia destas últimas; dándose un uso excesivo e inadecuado das mesmas e poñéndoas no centro das nosas vidas.
  • Manexo da información: a raíz das entradas 10. Noticia e 11. O meu entorno persoal de aprendizaxe; intento reflexar a importancia de saber xestionar e seleccionar adecuadamente a información, xa que moita da información que se atopa na rede non é fiable e segura, un exemplo disto é a noticia que expoño xunto coa miña compañeira Cristina. De aí a importancia dos PLE, como un medio para a elaboración e xestión do propio aprendizaxe, a través da cal se leva a cabo unha curación de contidos. E do conectivismo como unha alternativa a aprendizaxe tradicional, pensada para a era dixital.

Unha vez o noso vestido xa adquiriu forma e hora de pasar a seguinte fase....