3. Proba e axustes

3. Proba e axustes

Última actualización de en Lara Bello Rey

Unha vez o noso vestido xa adquiriu forma e hora de facer unha primeira proba de vestiario, antes de seguir coa confección do mesmo; para axustar e modificar así, aqueles aspectos que o requiran, intentando deste xeito, adáptalo o máximo posible ao que se está pedindo.

En relación a sinatura, “Tecnoloxía educativa, antes de continuar co noso proceso de aprendizaxe plasmado no nosos blog é hora dunha primeira avaliación e autoavaliación do traballo realizado ata o momento, para mellorar e axustar aqueles aspectos e puntos que o requiran. Tras esta avaliación descubrín que había moitos aspectos a mellorar no meu traballo, tales como a citación, vincular entradas feitas en grupo e subidas por outra persoa ao meu blog, mellorar e ampliar outras entras e crear entradas novas tocando aqueles aspectos que me pasei por alto. Así mesmo, deime de conta que non estaba enfocando de todo ben o meu blog, desvinculando este un pouco do tratado nas clases e non relacionando e conectando unhas entradas con outras.

Por iso, a partir destas avaliacións decidín facer un punto de inflexión no mue blog, levando a cabo unha modificación nunha serie de entras ( 11. O meu entorno persoal de aprendizaxe e 6. Reflexionado no concepto), vinculando outras entradas feitas en grupo ao meu blog (3. Definición de tecnoloxía. 4. Transformación do concepto tecnoloxía e 5. Definición de tecnoloxía, TIC e tecnoloxía educativa) así como, creando novas e cambiando o enfoque de elaboración seguido ata o de agora. Estas novas entradas, en referencia a temas que se xa se trataran en clases anteriores, foron:

  • Consumidores ou produtores?: como se pode ver a través das entradas 12. Editando na Galipedia e 13. Consumo de información, a maioría das veces actuamos como consumidores de información, tendo que buscar, seleccionar e filtrar unha gran cantidade información; proceso para o cal, na maioría dos casos,  non se teñen adquiridas as competencias necesarias para levalo a cabo dunha maneira efectiva e eficaz. Por outra parte, a partir da experiencia de editar un artigo da wipedia, cambiamos o noso rol habitual, actuando agora como produtores de información e afondando no que é un wiki e como se traballa nel, así como no uso das redes socias no sistema educativo.

Despois destas avaliación tamén publiquei a entrada 9. A revolución da telefonía móbil, aínda que xa a tiña medianamente elaborada antes das mesmas e encadrada dentro dun tema, polo que me decantei por incluíla na fase anterior do proceso.

Por último dicir que despois deste punto de inflexión e de saber agora como continuar coa confección do meu vestido é hora de pasar a seguinte última fase do proceso.