4.2.- La utilización de las TIC´s

4.2.- La utilización de las TIC´s

Última actualización de en Dani Fernández Blanco

Para comezar e citar a idea principal que quero defender nesta exposición quédome con esta cita:

“En consecuencia, una de nuestras responsabilidades como educadores, es ir elaborando alternativas pedagógicas innovadoras que respondan a las exigencias sociales de una sociedad democrática en un contexto dominado por las tecnologías de la información” (Area Moreira, 2002)

Sabemos claramente que as novas tecnoloxías non chegan a todo o mundo, como sería o ideal. Pero tamén sabemos que o acceso á información a través destas é moito máis amplo que antano. Por exemplo, nos tempos da imprenta ou Idade Media, a cultura e o coñecemento estaba unicamente ó alcance do clero, mentres que agora, os novos medios de información están ó alcance da maioría da sociedade. Por iso digo que algo si que se andou neste sentido. Area (2002) afirma que a finalidade básica é “articular un sistema público e democrático de acceso á  cultura dixital a toda a poboación”. O problema é que existe unha gran distancia entre o que se pretende na teoría e o que se dá na práctica (que neste caso é a realidade inmediata na que vivimos).

Deixando de lado a discusión (que non ten fin) de si a incorporación das NN.TT. á sociedade e á educación ten máis inconvenientes que vantaxes ou viceversa (que tamén dependerá da opinión de cada un ou do que lle vaia nelas), creo que na sociedade actual é necesario un cambio de plantexamento, introducindo na escola os medios cos que a sociedade se está desenrolando e medrando. Porque si a escola é unha institución que prepara para a vida real e para o desenrolo na sociedade, non se pode pretender que esta preparación se faga sen os medios que están presentes nela. Creo que resume moi ben isto a cita de Area Moreira:

“El problema es que la escuela como institución, en este último cuarto de siglo, ha perdido su hegemonía socializadora sobre la infancia y la juventud, teniendo que compartirla en estos momentos con los medios de comunicación de masas y las tecnologías digitales, por lo que es previsible que si en los próximos años no renueva profundamente su papel social, sus metas, sus contenidos y su metodología entrará en una profunda crisis ya que la cultura y conocimientos se ofertan desde el sistema escolar están empezando a ser obsoletos y ajenos a las experiencias y necesidades de nuestro alumnado” (2002).

A institución escolar e os libros de texto cumpriron a súa tarefa, pero é hora de que a renovación e o cambio se produzan na educación. Pero este cambio non debe consistir só na mera incorporación das novas tecnoloxías ós modelos tradicionais de ensinanza (Area Moreira, 2002).

Por iso o reto futuro está en que os centros educativos innoven as prácticas pedagóxicas (acordes ca sociedade na que nos tocou vivir), o que significará que a educación que incorpore estas prácticas educativas carreará os seguintes cambios (en principio positivos e que melloran o proceso de ensinanza-aprendizaxe):

“As redes telemáticas permiten estender os estudos e formación a colectivos sociais que por distintos motivos non poden acceder ás aulas convencionais” (Area Moreira, 2002):

“A rede rompe co monopolio do profesor como fonte principal do coñecemento” (Area Moreira, 2002):

“Con Internet, o proceso de aprendizaxe non pode consistir na mera recepción e memorización de datos recibidos na clase, senón a permanente busca, análise e reelaboración de informacións obtidas nas redes” (Area Moreira, 2002):

“A utilización das redes de ordenadores na educación require un aumento da autonomía do alumnado” (Area Moreira, 2002):

“O horario escolar e o espazo das clases deben ser máis flexibles e adaptables a unha variabilidade de situacións de ensinanza” (Area Moreira, 2002).

“Internet permite e favorece a colaboración entre docentes e estudantes máis alá dos límites físicos e académicos do centro educativo ó que pertencen” (Area Moreira, 2002).

Como ben di este autor, as redes poden ser un factor que axude a desenrolar un modelo de ensinanza máis flexible (como defende Salinas no seu artigo), onde prima a actividade e a construción do coñecemento por parte do alumnado e non a mera recepción pasiva do coñecemento a través duns apuntes ou libros, como se fai na educación tradicional e, atrévome a dicir, actual (por desgraza). Por iso hai que evitar que  co uso de Internet e, en xeral, as TIC, os estudantes sigan sendo meros espectadores e dependentes da tecnoloxía, e conseguir un uso crítico da información que recibimos.

Voume “apoderar” doutra cita deste autor, que é como un ultimatum para resolver o problema actual de se hai que renovar os métodos de ensinanza ou non.

“La escuela, tal como la conocemos es una institución creada en el siglo XIX que, articulada alrededor de una tecnología creada en el siglo XVI como es la imprenta, respondió a las características y necesidades de la revolución industrial de su época. Internet por su parte es un fenómeno tecnológico propio del siglo XXI y sobre la misma está erigiéndose la llamada era digital o sociedad de la información” (Area Moreira, 2002).

Nesta cita, a súa conclusión (e a miña) ven sendo a de “cada cousa ó seu tempo”. A escola cumpriu moi ben a súa función nos séculos anteriores a través da ensinanza centrada na exposición e nos libros. Pero agora son outros tempos e outras realidades sociais que fan urxente o cambio da educación e ós que a escola se deberá adaptar si ou si. A sociedade ten outros intereses e demanda outras cousas diferentes das de antes, e que a escola non é capaz de conseguir eficazmente cos métodos tradicionais. Só fai falta ver o elevado fracaso escolar que existe na educación secundaria e bacharelato.    

Outra cita que resume isto é a de Majó (2003):

"La escuela y el sistema educativo no solamente tienen que enseñar las nuevas tecnologías, no sólo tienen que seguir enseñando materias a través de las nuevas tecnologías, sino que estas nuevas tecnologías aparte de producir unos cambios en la escuela producen un cambio en el entorno y, como la escuela lo que pretende es preparar a la gente para este entorno, si éste cambia, la actividad de la escuela tiene que cambiar".

Penso que o cambio ten moitas vantaxes, pero tamén hai que ver un pouco os aspectos negativos. Un deles é o que García-Vilacoba (2002)  define como “el síndrome de la pereza comunicativa”, xa que si se incentiva máis o uso do ordenador que o da memoria, esta faise lenta, e sen memoria limítase a intelixencia do ser humano). Ademais “o uso excesivo da informática pode ter efectos negativos para a saúde, como: individualismo, illamento, tensión ocular, alteración nerviosa e sedentarismo”.

O impacto das TIC no mundo educativo (que é o que máis nos interesa directamente) leva consigo uns cambios e implica unhas necesidades:

- Novos contidos no currículo, xa que precisamos, por conseguinte,  novas competencias. Os cambios que se produciron na sociedade estes últimos anos esixen unha nova formación para os nenos e rapaces, e unha formación permanente para tódolos cidadáns (que como xa dixen antes non se está producindo).

- Necesidade dunha formación didáctico-tecnolóxica do profesorado. Xa que precisa tamén unha "alfabetización dixital" e unha actualización didáctica que lles axude a coñecer os instrumentos tecnolóxicos para a súa práctica docente.

- Esixe novas destrezas. O neno seguirá tendo que saber ler, escribir, calcular, ter coñecementos de ciencias e historia..., pero todo isto complementarase cas habilidades e destrezas necesarias para poder actuar neste novo espazo social e tecnolóxico (Echeverría, 2001).

- Posibilita novos procesos de ensinanza e aprendizaxe. Ademais das súas posibilidades para complementar e mellorar os procesos de ensinanza e aprendizaxe presenciais, as TIC permiten crear novos entornos on-line de aprendizaxe, que elimina a esixencia de coincidencia no espazo e tempo de profesores e estudantes (Echeverría, 2001).

- Demanda un novo sistema educativo. Aínda que as escolas presenciais seguirán existindo, o seu labor complementarase con actividades nestes novos entornos educativos virtuais (Echeverría, 2001).

Salinas (2000) defende unha ensinanza máis aberta e flexible, dispoñible para calquera persoa en calquera tempo e lugar. É dicir,  un proceso máis flexible e accesible, menos custoso e que permite a incorporación de calquera cidadán ó longo da vida.

Como dicía antes, o obxectivo é innovar os métodos educativos incorporando as NN.TT. neste proceso. Trátase de que estes novos medios sexan integrados nos modelos existentes enriquecendo o proceso educativo en dúas direccións: o acceso á información (con documentos útiles educativamente falando) e a explotación das redes como medio de comunicación (para levar a cabo proxectos en común e unha aprendizaxe colaborativa).

Afirma Ferrés (1994) que “se recoñece desde a escola o poder de influencia cultural e educativa da televisión e os medios de comunicación, pero sen embargo edúcase ós nenos e xoves como se esta non existira”. E eu penso: Pero ¿Por qué se dá isto?. Pois dubido entre dúas cousas. Unha será que os profesores non saben como adaptar as novas tecnoloxías á educación para que estas sexan útiles e rendibles, e outra será porque igual cren os profesores que os antigos métodos educativos que levan traballando toda a vida e que xa deron os seus froitos sexan máis eficaces que o uso das novas tecnoloxías no proceso educativo. 

O problema de todo isto (na miña opinión) é que a utilidade das TIC a nivel educativo está demostrada “teoricamente”, pero falta a preparación e a utilidade “práctica”, xa que o coñecemento do uso e a utilidade das NN.TT. é escaso na maioría de docentes da Galicia actual (como ben di o noso compañeiro Alberto Martínez no seu discurso: “) e non saben como sacarlle partido educativo a estas. Por iso creo que o que falta é información (e tamén formación) sobre como sacar partido e rendemento ós novos medios audiovisuais ou TIC´s. Por poñer un exemplo práctico ou experiencia persoal, no colexio que estudei (por certo, Colexio La Salle Santiago) existían diversos e numerosos medios informáticos, desde catro aulas de informática, sete seminarios con retroproxectores, pizarras electrónicas nas aulas de bacharelato… pero o problema era o uso, ou máis ben o non uso, que se lle daban a estas, xa que no meu caso (e no de todas as clases) a admiración que creou esta pizarra en segundo de bacharelato foi enorme, e quedou reducida a un esquecemento profundo a final de curso. E todo isto debido a que só se empregaba como sinónimo de pizarra tradicional, obviando o enorme partido educativo que se lle podía sacar a este aparello, e reducindo a súa utilidade a usar o bolígrafo electrónico en vez do xiz, para non emporcar as mans.           

Salinas (2000) di que:

“En definitiva, una fuerte infraestructura de telecomunicaciones es un fuerte aliado para la educación, permitiendo a los estudiantes interaccionar con recursos ricos intelectualmente, incluyendo 'profesores' a distancia, bibliotecas y museos, y diversos servicios de información e intercambio. Pero una explotación de estas posibilidades educativas requiere una nueva mentalidad de profesores y alumnos”.

Claro que é positivo se os alumnos empregan os aparellos tecnolóxicos para formar o seu coñecemento e interactuar con outras persoas. O problema é cando este uso (sen sentido crítico e moral) se fai de xeito incorrecto (gravar palizas, pornografía infantil…). Pero xa entramos en outros campos como a moral e a ética, e non é o caso.

Ademais isto pasa en tódalas cousas, sempre se dá un uso incorrecto dos obxectos. Por exemplo: (aínda que sexa un caso radical e extremo, pero non máis lonxe da realidade) o coitelo fíxose para cortar os alimentos, pero hai xente que os usa para degolar e asasinar á xente. As cousas son útiles ou non segundo o seu uso sexa para ben ou para mal. Por iso digo que os aspectos negativos das NN.TT. e os seus aparellos non son realmente negativos estes mesmos, senón que o negativo é o uso que cada un lle dá e a influencia que ten a sociedade sobre o individuo (que como dicía un filósofo que agora non lembro, “é a sociedade a que nos corrompe”).

Creo que hai que quedarse cos aspectos positivos (que son moitos e moi útiles), para que as TIC se convertan no motor e no vehículo que transforme a educación e adapte esta á nova realidade social e cultural que vivimos.