E-Portafolio: Resolvendo o meu Cubo de Rubik

EXPERIENCIA EDUCATIVA BASEADA NO EMPODERAMENTO DIXITAL

Mediante as palabras “Empoderamento dixital” resumo o meu paso pola materia Tecnoloxía Educativa.

Esta materia deume a posibilidade de personalizar o meu proceso de aprendizaxe. Foi unha experiencia nova de aprendizaxe, no cal a mestra tivo un papel de guía, proporcionando pautas e ferramentas para que nosoutros construíramos os nosos propios coñecementos e as nosas propias producións.

Por qué resumo esta materia coa palabra Empowerment ou empoderamento?

No ámbito educativo o pensamento empoderador ten a súa orixe en Paulo Freire, a pesar de que nos seus escritos nunca empregou o termo de empoderamento, pero si que se  aproximou a través dos conceptos de concienciación e emancipación. Desta forma pódese entender como un  proceso de concienciación que lle permite ao discente recoñecerse con capacidades, sendo protagonista no feito educativo de tal forma que cuestione, fortaleza as súas capacidades ao par do coñecemento académico, os hábitos da investigación, desenvolva a cursiosidade crítica, constrúa o seu propio coñecemento etc. (Torres, 2009).

Así pois, represento o empoderamento dixital cunha peza de rubik, xa que para resolver este rompecabezas  é necesario desenvolver unha serie de habilidades co obxectivo de colocar as caras do mesmo color, a igual que para acadar un adecuado desenvolvemento da competencia dixital é necesario abordar varios contidos como: a información, a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas. Así pois, se te formas en cada unha destas áreas podes chegar a resolver o cubo de rubik, é decir, desenvolver a competencia dixital.

maxresdefault.jpg  

En resumo, nesta materia dinme conta da necesidade de ser competentes dixitalmente, e isto significa seguindo a Guitert (2014) poseer "el conjunto de conocimientos, habilidades, actitudes (incluyendo por tanto las capacidades, estrategias, valores y conciencia) que se requieren cuando se utilizan las TIC y los medios digitales para realizar tareas, resolver problemas, comunicar, gestionar la información; colaborar, crear y compartir contenidos, y construir el conocimiento de manera eficaz, eficiente, adecuadamente; de manera crítica, creativa, autónoma, con flexibilidad; de manera ética, reflexiva para el trabajo, el ocio, la participación, el aprendizaje, la socialización, el consumo, y el empoderamiento"

Os secretos do meu proceso de aprendizaxe: Ganas, Interese e Creatividade.

Referencias bibliográficas:

Guitert, M. (2014). Transpasando la línea. Recuperado de: http://blogs.elpais.com/traspasando-la-linea/2014/02/tiempo-de-empoderamiento-digital.html (data de consulta: 22/05/2016)

Torres, A. (2009). La educación para el empoderamiento y sus desafíos. Sapiens. Revista Universitaria de Investigación, 10 (1)

Foto recuperada de: http://www.taringa.net/post/hazlo-tu-mismo/16573691/Te-cuesta-Armar-el-Cubo-de-Rubik-Te-Enseno.html (data de consulta 21/05/2016)