1.Stellae: unha ferramenta para xestionar o teu propio proceso de aprendizaxe

Por primeira vez, a través da materia Tecnoloxía Educativa, vivín a experiencia de utilizar un ámbito persoal de aprendizaxe como é a Rede Social Stellea e  realizar este e-portfolio  para plasmar o sistema de ensinanza e aprendizaxe. O traballo na rede consistíu na búsqueda e seleción de evidencias durante un período de tempo, as cales me permitiron demostrar as miñas aprendizaxes, á vez que posibilita ao mestre un seguimento do progreso do proceso de aprendizaxe. Desta forma as evidencias teñen que acompañarse dunha xustificación e dunha reflexión propia, poñendo de manifesto a relación entre a evidencia e a aprendizaxe. Cabe destacar que nas primeiras entradas apenas reflexionaba e xustificaba as miñas contribucións, pero tras a autoavaliación tomei conciencia da importancia de reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe,é dicir, sobre cal é o meu progreso na aprendizaxe identificando qué aspectos debía cambiar e cales mellorar, como se pode ver na na entrada: É hora de facer un balance. Este proceso de  autoavaliación que se fixo a mediados da actividade académica foi interesante para  recibir unha retroalimentación externa/ feedback sobre o  traballo que estaba a realizar.Así pois destaco a  importancia do coñecemento da Rúbrica de avaliación para coñecer con detalle os criterios de avaliación e os seus niveis de logro. 

Desta forma tiven un papel activo ao londo da materia que me permitíu:

  • Aprender a planificarme e a autoxestionarme a partir das orientacións do docente.
  • Autonomía.
  • Promover a toma de decisión durante o período desta materia.
  • Regular o meu propio proceso de aprendizaxe.