2.1 Toma de contacto co Cubo de Rubik

toma de contacto.jpg

Cando colles por primeira vez un cubo de rubik debes saber que é, cal é a súa finalidade, cal é a súa historia, en que se diferencia con outros rompecabezas, etc. Desta forma as primeiras entradas de Stellae dediqueinas a identificar a tecnoloxía cunha imaxe e a aproximarme ao seu concepto.

Non obstante, tras realizar diferentes actividades como reflexionar sobre as diferentes concepcións do concepto de tecnoloxía e facer un collage sobre as tecnlogías que había na facultade, decateime da visión reduccionista que tiña sobre a tecnoloxía e como ben reflexei na entrada Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe. Eureka! dinme conta que o concepto de tecnoloxía leva consigo todos cambios que produce, as pautas de uso coas que se aplica, os beneficios e conflictos que trae consigo etc. Non só é o instrumento en si! Pasados 86 días as aprendizaxes neste ámbito afloraron polo que a miña perspectiva tamén cambiou como se pode apreciar na entrada Non é como se comeza senón como se acaba.

Foto extraida de: http://agenciadepublicidadluz2.blogspot.com.es/2011/03/cubo-rubik.html (data de consulta 25/05/2016)