3.1 Non é un punto e final

“Después de escalar una montaña muy alta, descubrimos que hay muchas otras montañas por escalar” Nelson Mandela

escalar.jpg

Gustaríame rematar este e-portfolio con esta frase de Nelson Madela coa que me sinto identificada porque me considero loitadora e cumplidora da maioría das miñas metas. Así pois, canto máis alto é o obxectivo máis é o placer ao alcanzalo, por iso nunca paro de propoñerme metas e máis metas.

Reflexionado sobre o proceso de aprendizaxe, a rede Stellae convertiuse nun hábito diario, que tiña que consultar e actualizar cada pouco tempo. A verdade é que sempre tiven esa chispa de curiosidade en canto a ler as entradas dos meus compañeiros e aportar a miña opinión en aquelas que  chamaban a miña intención, ou simplemente complementaban os meus coñecementos. Desta forma realicei unha aprendizaxe construtivista e cooperativa, na cal aprendín dos meus compañeiros e por supostos grazas aos docentes que fixeron posible ser partícipes desta experiencia.

Mediante esta rede social que aprendín? Que me levo desta materia?

  • Aprendín a reflexionar sobre o meu proceso de aprendizaxe.
  • Conciencieime sobre o bon uso da linguaxe para expresar coñecementos, ideas e experiencias, e fomentar con isto a creatividade.
  • Descubrín a importancia de desenvolver e adquirir a competencia dixital. Reto educativo.
  • Coñecemento de diversas ferramentas e estratexias de curación de contidos.
  • Coñecemento de páxinas webs e recursos de interese a nivel persoal e profesional.
  • Familiaridade con termos  pertencentes ao ámbito tecnolóxico.
  • Inicieime nos procesos de auto-avaliación e hetero-avaliación.
  • Intercambiei coñecementos e adquirín o hábito da crítica constructivista.

Qué preguntas me surxen para o inicio doutra etapa? Qué preocupacións teño?

  • Quero seguir enriquecéndome das novas ferramentas para educarnos e educar.
  • Cómo se pode concienciar aos docentes do coñecemento e uso de novas estratexias metodolóxicas integrando as TIC?
  • Meta: loitar polo empoderamento dixital de todas as persoas

En resumo, foi unha experiencia moi enriquecedora tanto a nivel persoal como a nivel académico, xa que me sorprendeu as habilidades, destrezas e coñecementos que fun desenvolvendo ao longo da materia.  Pero non é un punto e final, xa que seguirei formándome neste ámbito, xa sexa de forma individual ou no ámbito académico a través das materias: Formación en rede, Multimedia e Software Educativo ou Deseño e Avaliación de Materiais didácticos que están integradas no último curso do grao.

Para rematar quero destacar que esta materia sería moi interesante que se cursara no primeiro ou segundo ano de carreira, xa que che abre a mirada respecto a tecnoloxía educativa e dache a oportunidade de reflexionar sobre a necesidade de desenvolver adquirir a competencia dixital.

Foto recuperada de: http://vacacionar.org/consejos-para-escalar-montanas/ (data de consulta 28/05/2016)