2. Primeira Estación: "O Inicio"

2. Primeira Estación: "O Inicio"

Última actualización de en María

estacion.jpg

Imaxe recuperada de: http://fmaesteban.blogspot.com.es/2010/02/el-tren-de-la-vida.html

Esta foi a primeira parada do meu interaíl particular, “O Inicio”.

Cando baixei, era de noite e había néboa, o tempo non acompañaba a ver con claridade o que me rodeaba. Sentíame perdida e con ganas de voltar pero, ás veces hai que seguir adiante para descubrir novos camiños e abrir novas portas.

Comecei a camiñar polo pobo, ao meu camiño cruzábame con carteis que non sabía moi ben o seu significado e intentaba darllo eu pero non era con moito éxito como a primeira definición que se lle dou á “Tecnoloxía educativa” (A tecnoloxía educativa é un conxunto de coñecementos e ferramentas que, a través de materiais (software, hadware…) aplicados a un contexto de formación persoal e en sociedade, permite a resolución de problemas, a comunicación e interacción así como a difusión de información nun entorno de aprendizaxe dixital para toda a comunidade. Mediante tamén, a colaboración da comunidade ea súa busca constante en Internet (redes, buscadores, redes sociais…) permite a globalización da alfabetización) ou o collage de todo aquelo que considerábamos tecnoloxía dentro da nosa facultade (http://stellae.usc.es/red/blog/view/146267/collage-tecnoloxico). Comigo tamén viaxaba unha imaxe, unha imaxe que representaba para min o que era a tecnoloxía naqueles tempos e que co paso do tempo, como veremos ao longo da miña viaxe, decateime que non é algo que se poida representar nunha soa imaxe (http://stellae.usc.es/red/blog/view/145775/a-tecnoloxia-e-eu).

Ao mesmo tempo de sentirme moi perdida nesta primeira estación/ pobo, tiña unha sensación en min rara, como de querer marchar de alí e non volver, de desaparecer, xa que se me estaba facendo moi complicado entender o fin ou obxectivo da miña viaxe e non estaba sendo como eu pensaba xa que se me estaba facendo máis complicado do que eu esperaba. Aínda así, non podía deixar de lado esta viaxe sabendo que nas seguintes estacións e pobos me poderían estar esperando grandes aventuras e descubrimentos. Polo que decidín continuar e saír do laberinto no que me atopaba na primeira estación e, collín ese tren de novo decidida, despois de algúns coñecementos obtidos que sabía que me servirían para as paradas posteriores.

estación-de-tren_1113857034.jpg

Imaxe recuperada de: http://imagenes.4ever.eu/tag/26103/la-estacion-de-tren?pg=3

Escollería ao longo do meu camiño as mesmas imaxes ou a mesta definición da tecnoloxía? Comprobádeo continuando ca lectura da miña viaxe.