3. Segunda Parada: "O Descubrimento"

3. Segunda Parada: "O Descubrimento"

Última actualización de en María

camino_mujer.jpg

Imaxe recuperada de: http://elmundodesaramujerde35.blogspot.com.es/2014/03/ultima-entrada-de-este-blog-adios.html

Nesta segunda estación facía bo tempo, sol radiante e temperatura moi agradable, o que sempre acompaña á hora de pasear e coñecer novos recunchos.

Nada máis baixar, sucedeume algo que non esquecerei desta viaxe, fun vítima dun roubo e iso que levaba todas as miñas cousas e pertenzas ben vixiadas e, polo que reflexionei sobre a nosa seguridade. Esta reflexión levoume á conclusión de que nunca estamos seguros vaiamos a onde vaiamos e esteamos onde esteamos e, si isto é así, por que o íamos estar na rede? (http://stellae.usc.es/red/blog/view/148823/clase-expositiva-identidade-dixital). Temos que sacar as cousas positivas de todo o que nos pasa ata cando se trata de algo negativo como neste caso, desta experiencia saquei en claro que non somos seguros en absolutamente ningún sitio, nin na nosa propia casa, e polo tanto, tampouco o imos ser en internet (http://stellae.usc.es/red/blog/view/150953/estamos-seguros-na-rede).

Despois deste pequeno percance, o cal me fixo perder ganas de continuar co meu camiño, levoume a un bar a reflexionar sobre o tema e quizá a descubrir novos conceptos ou andainas. Algunhas veces pensamos nas persoas con NEE e si existe a igualdade? Neste bar atopeime cunha persoa moi agradable que, despois dun tempo falando e descubrir que tiña TDAH, a nosa conversa desencadeou nas posibilidades destas persoas en canto ás tics. Primeiramente o noso tema centrouse nas tics en xeral, é dicir, tics para persoas con NEE visuais, auditivas, etc e, posteriormente, profundizamos un pouco máis nas persoas con TDAH concretamente. Despois desta conversación, comprendín que estes avances e facilidades para estas persoas non serían posibles se non tiveran da man á tecnoloxía.

Saín do bar e continuei a miña traxectoria e, ao meu paso cruzábanse tendas chamadas: “E-Learning”, “M- Learning” e “B- Learning”, as que chamaron a miña atención, polo que decidín entrar e indagar en cada unha delas. Pareceume algo sorprendente, algo co que aprender dunha maneira sinxela e práctica, algo que como non, ven da man da tecnoloxía para facilitarnos os procesos de ensino-aprendizaxe.

Por todo isto e a miña comprensión en determinados aspectos, neste traxecto xa me sentía moito máis cómoda, aínda que tamén me sentín na necesidade de escoller, xa que me atopei con algúns cruces á volta á estación e para chegar correctamente tiña que elixir o camiño axeitado. No primeiro cruce tiven que elixir entre pizarra dixital ou pizarra electrónica e, analizando pros e contras de cada unha delas decidín decantarme pola pizarra electrónica e, posteriormente, tiven que elixir entre libro impreso ou libro electrónico e, como anteriormente, despois de analizar pros e contras de cada un deles, decanteime polo libro electrónico. A elección correcta destes dous cruces leváronme, despois de visitar e coñecer o pobo no que descubrin, aprendin, me esforcei e, sobre todo reflexionei, á estación “O Descubrimento” para volver a coller ese tren e continuar cara a estación “Tecnoloxía Educativa” para poñer fin á miña viaxe.

mujer-tren.jpg