4. Terceira Estación: "Tecnoloxía Educativa"

4. Terceira Estación: "Tecnoloxía Educativa"

Última actualización de en María

Facía un sol radiante, unha temperatura moi agradable e un ambiente amigable. A miña chegada a esta estación foi un logro, sentíame a gusto comigo mesma e chea de enerxía para visitar este pobo.

Era un pobo totalmente renovado, actualizado, todo xiraba en torno á tecnoloxía, a todo tipo de tecnoloxía, dende a roda ata o ordenador máis moderno. A xente vestía de moitas formas diferentes, cada persoa tiña o seu propio estilo.

Sentíame moi a gusto neste pobo, e tiña moitas ganas de descubrir todo aquelo que me faltaba e que non puiden descubrir en pobos anteriores por falta de tempo.

Aquí descubrín algo moi importante, quizá aquelo que me faltaba por descubrir para arranxar ou evitar moitas cousas das faladas anteriormente. Estou falando das políticas educativas para unha maior seguridade na rede, unha maior aprendizaxe con este tipo de medios, concienciación, etc, e non só para alumnos, se non tamén e o máis importante, para docentes, que son os que posteriormente lle transmitan estes coñecementos aos seus alumnos.

Neste pobo estas políticas educativas son implantadas e “empregadas” de maneira moi eficaz e eficiente para que a seguridade de todos os consumidores de internet sexa correcta, para que sexamos coñecedores do que nos rodea que é a tecnoloxía, para que saibamos manexarnos neste mundo, etc. Aquí tamén descubrin os motivos da importancia da tecnoloxía na escola así como a importancia nos docentes, algo no que anterioemente non me parara a pensar e ao que tampouco sabería dar resposta.

Chamoume a atención que neste pobo, en todas as calles había unhas pantallas táctiles nas cales podías facer buscas (google, buscadores booleanos, galipedia, etc), é dicir, en todo momento, en certa maneira, podías estar conectada á rede.

Trátase este dun pobo moi diferente ao noso? A resposta é non, simplemente que neste pobo todos os seus habitantes son coñecedores de todo o que rodea á tecnoloxía e a tecnoloxía educativa e no noso pobo isto non e así, nin sequera nun principio sabíamos diferenciar o que era tecnoloxía do que non o era, de aí a non escoller as imaxes que se escolleron nun primeiro momento, se non que a maiores se escollerían moitas máis e a definición de tecnoloxía educativa cambia, pasando a ser un concepto máis amplo que abarca moitos máis aspectos dos que eu me imaxinaba ("A tecnoloxía educativa é unha ferramenta que nos permite ser creadores e consumidores de coñecemento polo que é un artefacto útil na educación xa que facilita a aprendizaxe, obter coñecementos mediante redes, internet, etc, a formación, a interacción e comunicación, a xestión e difusión de información, a resolución de problemas, etc. Para crear un entorno persoal seguro é importancia a competencia dixital para a protección da identidade e da comunidade ou sociedade a través da alfabetización social"), definición á que fago referencia e reflexiono sobre ela na entrada chamada "Expositiva Final".

Aquí poño fin á miña viaxe, unha viaxe inesquecible da que regreso chea de coñecementos e de aspectos positivos acerca da tecnoloxía.

images.jpg

Imaxe recuperada de: http://www.positiva.club/tu-propio-rayito-de-sol-como-ser-feliz-en-10-pasos/