1. Un lienzo en branco que esperaba a ser pintado

               Lienzo en blanco.jpg

Foto recuperada de: https://sisygarza.com/mas/conociendo-n-y/

 

Principios do mes de marzo, acaban de facerme un novo encargo  para formarme nesta arte da Pedagoxía.  Un cadro, pero non un cadro calquera, neste caso  é o cadro da Tecnoloxía Educativa. O tempo que teño para realizalo tampouco é que sexa moi amplo, tan só teño ata finais de maio.

En teoría neste cadro debo pintar ao longo destes dous meses, de forma que queden plasmadas nel  (a través de diversas ferramentasas) as miñas experiencias e coñecementos que vou adquirindo na temática tecnolóxica e educativa.

Non teño grandes coñecementos acerca de que clase de instrumentos, cores, técnicas preciso para comezar a elaborar o cadro da tecnoloxía educativa. O lienzo está en branco (coma a miña mente)  estou ante él pero non sei por donde empezar.

Teño un certo bloqueo acerca do que debo abordar ou que se espera de min, sigo mirando o lienzo e non me ven á cabeza ningunha idea que mereza a pena. Realmente o tema sobre o que teño que pintar tampouco me chama especialmente a atención, ata me aventuraría a dicir que non me gusta e que é aburrido. Pero para ser sincera nesta arte da Pedagoxía sempre que tiven que pintar sobre temas relacionados coa tecnoloxía ou traballar con ordenadores resultoume excesivamente aburrido. Por non dicir que suelo perderme e teño que andar preguntando aos pintores máis próximos que é o que hai que facer. Que sei eu sobre a tecnoloxía educativa? Se me sacan de whatsapp, e algunha que outra rede social o meu coñecemento é nulo... 

Tamén teño medo de empezar a pintar e que non sexa eso o que se me pide, dende logo este encargo non vai ser unha tarefa fácil... espero que a inspiración non tarde moito en vir.

Por outra parte tamén hai que dicir que me da certa pereza... Pensandoo ben xa o comezarei máis a diante... total aínda teño ata maio non? Mañán póñome fijo!!