2. Dando as primeiras pinceladas

2. Dando as primeiras pinceladas

Última actualización de en Rocio Dominguez

pinceladas.jpg

Foto recuperada de: http://www.entrayveras.org/actualidad.php?id_actualidad=13047&id_seccion=5

 

Primeira semana traballando no cadro da tecnoloxía educativa:

Enfróntome de novo ao lienzo en branco, pero esta vez co pincel na man decídome a comezar e superar o meu medo inicial; por algún lado hai que comezar e de non ser así nunca saberei onde me estou equivocando.

Comezo a dar os primeiros trazos de cor con inseguridade e timidez, realmente voume limitar a trazar estas pinceladas por onde nos indicou o mestre da parte "práctica" do coñecemento da Tecnoloxía Educativa, que como xa saberedes é unha materia imprescindible para formarme na Arte da Pedagoxía.

Poido dicir sen equivocarme que comecei o cadro con dúas pinceladas. Unha delas foi: La tecnología & yo. Foto sobre a tecnoloxía.

Esta pincelada non foi gran cousa, realiceina porque me foi requirida como pincelada inicial da obra. Así que incluín unha imaxe no meu cadro, que para min representase a Tecnoloxía e que atopara interesante, pronto outros pintores empezaron tamén a comentar sobre a imaxe que escollera e comecei a animarme un pouco, quizais ata podía chegar a gustarme a realización deste cadro.

A segunda pincelada que realicei na primeira semana foi: Black Mirror. Serie sobre a tecnoloxía.

Nesta, tiña que escoller unha película ou serie relacionada co tema do meu cadro, que como xa dixen era a Tecnoloxía en xeral e a Tecnoloxía Educativa en particular. A cousa empezábase a poñer máis interesante xa que podía incluir na miña obra elementos que me resultasen interesantes. Escollín a serie Black Mirror porque cando acababa de ver un capítulo, éste sempre me invitaba á reflexión.

Acabei a primeira semana de traballo na miña obra moi contenta xa que igual non era tan difícil como a min me parecía, a fin de contas igual era esaxerado o medo que tiña ao incio fronte ao lienzo en branco.

Ademáis de levar a cabo os primeiros trazos do meu cadro os mestres da Tecoloxía Educativa; tanto a mestra da parte teórica, como o mestre da parte máis práctica comezaron a iniciarnos nos coñecementos precisos para a elaboración do cadro, pero ningún destes coñecementos os reflectín na miña obra xa que non considerei que fora preciso.

Vexamos como se presentou a seguinte semana!!