2. Liña de Saída: Desde onde parto

2. Liña de Saída: Desde onde parto

Última actualización de en Ruben-Lopez

Imaxe 3: https://xunmejordf.com/wp-content/uploads/2016/05/tour-de-francia-2013.jpg

Antes de comezar este “tour da tecnoloxía educativa” tiña bastante motivación para poder enfrontalo, posto que hoxe en día na nosa vida diaria a tecnoloxía está presente constantemente, e como non podía ser doutra maneira cada vez máis estase a introducindo progresivamente nos procesos de ensino – aprendizaxe, de aí o interese que me suscitaba, xa que para poder empregar tódolos dispositivos tecnolóxicos, así como as súas múltiples funcións debemos ter un mínimo coñecemento e formación sobre eles.

A verdade e que unido a iso e que a tecnoloxía sempre foi un ámbito que chamou a miña atención. O punto desde o que partía non era dun descoñecemento total sobre a mesma, posto que anteriormente cursei estudos que estaban relacionados directamente coa tecnoloxía, por exemplo xa tiña coñecemento do PROXECTO ABALAR, o cal lle dediquei unha das primeiras entradas que realicei no blog (http://stellae.usc.es/red/blog/view/146364/proxecto-abalar), unido a iso xa cursamos materias en cursos anteriores como “Documentación e Información Educativa” que xa trataramos temas como a curación de contidos, bases de datos, Búsqueda Booleana, Creative Commons, Software Libre etc

Polo tanto poido dicir que xa sabía “pedalear” xa que comezo non era dun total descoñecemento, pero tamén é verdade que aínda existían moitos aspectos sobre a mesma que descoñecía completamente que me farían dar “pedaladas” que me fixeran progresar máis neste ámbito, para así poder introducir cando sexamos profesionais correctamente as innovacións na educación que se propoñen dende o campo tecnolóxico.