3. Primeiros Metros

3. Primeiros Metros

Última actualización de en Ruben-Lopez

Imaxe 4: http://www.mundodeportivo.com/r/GODO/MD/p3/ContraPortada/Imagenes/2016/05/06/Recortada/20160506-635981593091580724_20160506192448-kA9F--911x683@MundoDeportivo-Web.jpg

O comezo das  primeiras “etapas” desta materia a verdade e que estaba un pouco “baixo de forma”, xa que nos primeiros metros normalmente os mestres ou “xefes de equipo” solen establecer como por así dicilo a “folla de ruta ou mapa do percorrido a recorrer”, e dicir comunícannos como vai desenvolver o proceso de ensino – aprendizaxe ou “as diferentes etapas” establecéndonos datas “de cada etapa” ou entrega de traballos e pautas de como se deben realizar, o cal normalmente nos é imposto, isto considero que nos sucedeu a todos durante a nosa traxectoria como estudantes, por iso a liberdade que se nos deixaba nesta materia dende o principio deixoume un pouco sorprendido, xa que non estamos acostumados a iso, e porque non dicilo tamén un pouco desorientados ou desubicados a hora de enfrontar a materia ou “tour da tecnoloxía” xa que non sabiamos se o estabamos “marcando bos tempos ou non”, e dicir se o estabamos a facer ben ou non, anque hai que dicir que nesta materia ou “evento” non se trata de correr senón de ir progresando no noso aprendizaxe sobre as tecnoloxías educativas segundo foran “transcorrendo as etapas”.

Polo tanto nesta materia debiamos levar a cabo o aprendizaxe autónomo, nós seríamos os que regulariamos o noso propio proceso de aprendizaxe, centrándonos naqueles aspectos da materia que máis nos chamaran a atención. Sobre este aprendizaxe autónomo elaborei unha entrada (http://stellae.usc.es/red/blog/view/147376/tecnoloxia-e-aprendizaxe-autonomo) na que falo como a introducción da tecnoloxía na educación pode favorecer esta autonomía, outra das entradas que realicei no blog (http://stellae.usc.es/red/blog/view/148465/cursos-online-masivos-e-abertos-mooc) mostran un claro exemplo disto como son os MOOC que son cursos online masivos e abertos, que propician que independentemente de cal sexa a súa situación económica como xeográfica das persoas, poidan ter acceso a este tipo de iniciativas, posto que son abertos e podese acceder a eles a través da rede sen necesidade de desplazarse.

En España, unha das institucións que oferta este tipo de cursos e a UNED, os cales se pode acceder pinchando aquí